No Día Internacional do Autocoidado, aprende a avaliar como te coidas
O día 24 de xullo é o Día Internacional do Autocuidado e nas persoas con Esclerose Múltiple é esencial coidarse da maneira máis correcta.
O autocoidado é unha parte imprescindible na xestión de enfermidades crónicas como a Esclerose Múltiple (EM). A Organización Mundial da Saúde (OMS) define o autocoidado como “a capacidade de individuos, familias e comunidades para promover a saúde, previr enfermidades, manter a saúde, e lidiar con enfermidades e incapacidades con ou sen o apoio dun prestador de coidados da saúde”. O nivel de autocoidado que unha persoa se proporciona repercute significativamente no seu benestar e autoestima. Por elo, é moi importante reflexionar sobre as seguintes cuestións.
Todos coñecemos a importancia de coidarnos adecuadamente cando convivimos coa Esclerose Múltiple e de manter uns hábitos de vida saudables. Pero, estámonos coidando o suficiente? Por que non? Que podemos facer para mellorar os aspectos que máis descoidamos?
A continuación, esta táboa de EmForma destaca os principais aspectos do autocoidado e está acompañada de preguntas que podes facerte para avaliar o teu desempeño en cada área. Ademais, no apartado de estratexias, inclúense preguntas que te axudarán a facer algo en aqueles aspectos que necesiten máis atención. Agardamos que atopes útil esta información!

Recomendacións previas á avaliación do teu autocoidado
1. Sé honesto/a contigo mesmo/a. A sinceridade é moi importante para realizar unha análisis realista.
2. Busca un momento e un espazo tranquilo, onde poidas reflexionar sen interrupcións.
3. Non te xuzgues a ti mesmo/a. O obxectivo deste exercicio é identificar áreas de mellora para optimizar o teu autocoidado de maneira progresiva.
En conclusión, é beneficioso cuestionarnos ata que punto estamos fomentando o noso autocoidado e como podemos mellorar aqueles aspectos máis desafiantes. O grao no que unha persoa con EM se coida pode variar ao longo do tempo. Porén, ter presente un obxectivo ideal de autocoidado pódenos axudar a achegarnos o máximo posible a un mellor autocoidado, mellorando así a nosa saúde tanto física como psicolóxica.
Para saber máis sobre o autocoidado, consultar a entrada de EmForma.
