II Foro ACEM de Enfermidades Neurodexenerativas
ACEM Santiago, unha das nosas asociacións membro, organiza este 26 de marzo a segunda xornada do II Foro ACEM de Enfermidades Neurodexenerativas, onde se visibilizará a Esclerose Múltiple, o Párkinson e a ELA.
Este martes 26 de marzo, ás 16:00 horas na Fundación ONCE en A Coruña, celebrarase a segunda xornada do II Foro ACEM de Enfermidades Neurodexenerativas. Organizado por ACEM Santiago e coa colaboración de ACEM Coruña, a Asociación de Párkinson Galicia-Coruña (ASOPAR) e a Consellería de Sanidade da Xunta, a tarde dese martes centrarase na divulgación de información sobre a vida con estas enfermidades.
Comezará ás 16:00 na Fundación ONCE (Rúa Cantón Grande, 3, A Coruña) e, tras unha presentación, comezarán as ponencias. A primeira será de Sara Otero, psicóloga de ACEM Coruña, e Mila Oreiro, directora de ASOPAR. Falarán sobre a importancia das asociacións e a súa labor.
Posteriormente, ás 16:45 horas, comezará unha mesa redonda con diferentes experiencias coa Esclerose Múltiple, o Párkinson e a ELA. Os participantes son Agathe Sand Eiroa, afectada de EM; José Miguel Andrade Cernadas, afectado de Párkinson, e María Xesús Seoane Lema, afectada de ELA.
Antes dunha pausa para o café, o neurólogo coordinador da Unidade de trastornos do movemento do CHUAC, Dr. Diego Santos, dará unha visión global sobre o Párkinson. Para rematar a xornada, será o Dr. Miguel Ángel Llaneza, xefe do servizo de neuroloxía do Hospital Universitario de Centro Asturias (HUCA) e vogal do grupo de estudo de enfermidades inmunolóxicas da Sociedade Española de Neuroloxía, será o encargado de pechar o día comentando a importancia da investigación na Esclerose Múltiple.
É necesario inscribirse para asistir. Pode facerse na web de ACEM Santiago ou enviando un correo a acem.santiago@gmail.com.
