O pasado 30 de maio ás cinco asociacións membro de FEGADEM conmemoraron o Día Mundial da Esclerose Múltiple
As cinco entidades membro da federación e ubicadas nas diferentes cidades galegas de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Lugo, fan recordatorio da súa loita conxunta atendendo á razón do Día Mundial da Esclerose Múltiple.
En ACEM Coruña, máis de oitenta persoas participaron o pasado sábado 27 de maio na campaña de sensibilización ‘’Camiñemos pola Esclerose Múltiple’’ celebrada no paseo marítimo do barrio O Burgo en colaboración con AEDEM (Asociación Española de Esclerosis Múltiple) e o concello de Culleredo. A Asociación Coruñesa non sé conformou ca camiñata, senón que tamén saíu ós diferentes puntos da cidade: o Cantón Grande da Coruña e o CIFP Paseo das Pontes a poñer en valor a importancia do movemento asociativo de ACEM así como difundir información sobre a enfermidade.
A asociación Santiaguesa ACEM acudiu, xunto cos seus socios, o martes 23 de maio ao partido final Obradoiro-Fuenlabrada, apoiando ao equipo de baloncesto da cidade. Con isto, tivo a oportunidade de colocar na entrada do estadio Multiusos Fontes do Sar unha mesa informativa sobre a súa labor e sensibilizar sobre a enfermidade. Atendendo a razón do Día Mundial da Esclerose Múltiple, organizan unha carreira/andaina solidaria para dita enfermidade na capital galega. Os representantes de ACEM presentaron nunha rolda de prensa a sexta edición da andaina solidaria co seu padriño de este ano 2023, Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro.
En Ourense, AODEMPER, tamén conmemorou o día mundial ca colocación dunha mesa informativa co fin de facer un exercicio de difusión, pero debido ás condición meteorolóxicas, supuxo a cancelación da actividade durante á tarde do 30 de maio. A asociación ourensá ten planeado o día 7 de xuño unha obra de teatro representativa, ca enfermidade coma temática.
A presidenta da asociación lucense ALUCEM concedeu unha entrevista a RadioVoz de Galicia atendedo ás preguntas sobre a federación en concepto ao cargo que ten dentro de ésta, Rachel Yasmín, como secretaria de FEGADEM. Por outra banda, a asociación, colocou unha mesa informativa con opción a doazón económicas para a loita contra a Esclerose Múltiple no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Tamén levaron a cabo o reto solidario “48h ó redor da muralla” entre o 26 e o 28 de maio
Vigo sumouse á visibilización da Esclerose Múltiple cunha labor de sensibilización nos diferentes medios de comunicación: Televigo, Radio Valladares, Vigo E e Radio Galega. O día 31 de maio, óigual que o resto das asociacións membro, preocupáronse por facer chegar aos cidadáns vigueses información sobre a enfermidade, colocando a súa mesa informativa no concurrido centro comercial Gran Vía. Ademáis, enmarcado dentro do día mundial tamén levaron a cabo as xornadas de nutrición e unhas xornadas informativas sobre EM este xoves día 8 de xuño
Grazas a todos e todas por esta gran labor, levada a mans das cinco asociacións membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple, estamos a menos pasos de sensibilizar á poboación sobre a realidade da enfermidade e tamén grazas as doazóns aportadas polos cidadáns do conxunto da sociedade galega permítennos mellorar a calidade de vida das personas con EM ca nosa labor e a das nosas entidades membro., Seguimos poñendo en valor a importancia do movemento asociativo. Cumplindo unha vez máis, os obxectivos da nosa razón de ser.
