As asociacións galegas súmanse á celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple
As entidades membros de FEGADEM sairán á rúa o 30 de maio nas principais cidades galegas con mesas informativas para visibilizar e concienciar sobre a enfermidade.
As asociacións galegas de Esclerose Múltiple sumaranse o vindeiro luns 30 de maio á celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple, con eventos repartidos por toda a comunidade galega. As asociacións federadas en FEGADEM instalarán mesas informativas nas principais cidades galegas, co fin de visibilizar a enfermidade e recadar fondos para o mantemento dos servizos que ofrecen. Achégache a apoiar á entidade que che quede máis próxima!
SANTIAGO
A Asociación compostelá de Esclerose Múltiple (A. C.E.M.) instalará unha mesa de concienciación e visibilidade na praza de Cervantes, de 10 a 15 hrs.
A CORUÑA
A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) situará a súa mesa informativa nos Cantóns, a partir das 09:30 hrs.
Ademáis, a Deputación de A Coruña, o teatro Colón e o castielo de Santa Cruz de Oleiros iluminaranse de vermello para visibilizar a enfermidade.
VIGO
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) instalará unha mesa informativa e de merchandising en cálea Príncipe (fronte ao museo MARCO), de 10:00 a 20:00 hrs. Ás 19:00 hrs. Terá lugar a lectura do manifesto polo Día Mundial da EM e acto seguido (19:15 hrs.) actuará a cantautora viguesa Sara Casas.
OURENSE
A Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AODEMPER) sitúa a súa mesa informativa na rúa do paseo, 4 (diante do Centro Cultural Anxo Valente), de 12:00 a 20:00 hrs.
Ademais, a Ponte Romana e os edificios da Subdelegación do Goberno e a Deputación Provincial tinguiranse de cor vermella, representativo da enfermidade, para dar visibilidade ás persoas afectadas.
LUGO
A Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) situará a súa mesa informativa fronte ao edificio da Xunta e outra fronte á sede da Deputación de Lugo, de 10 a 14:00 hrs.
