Mércores 18 de Decembro, Día Nacional da Esclerose Múltiple
A Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas realizará diferentes actividades.
Este mércores 18 de decembro de 2019 celébrase o Día Nacional da Esclerose Múltiple. En Ourense, AODEM (Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras enfermidades neurodexenerativas) instalará dúas mesas informativas situadas no Centro Comercial Ponche Vella e na Residencia do CHUO (Antiga entrada da Residencia).
O horario no Centro Comercial Ponte Vella será de 11 H a 20 H e na Residencia do CHUO de 10 H a 13 H.
Ademais a noite do Mércores 18 Decembro ao Xoves 19 Decembro iluminarase de cor Vermella a Ponte Romana de Ourense, xa que é a nosa cor identificativa.
A Asociación Española de Esclerose Múltiple (AEDEM- COCEMFE) e as súas 47 asociacións celebran oficialmente, cada 18 de Decembro, o Día Nacional da Esclerose Múltiple mediante a realización de diferentes actividades, para concienciar e poñer de manifesto a situación dos afectados por esta enfermidade neurodexenerativa e lembrar algunhas das súas liñas de traballo.
A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do Sistema Nervioso Central. Os síntomas temperáns máis habituais son a fatiga, problemas de visión, hormigueos, entumecimientos, vertixes e mareos, debilidade muscular, espasmos e problemas de equilibrio e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son ‘invisibles’, pero inciden no día a día destas persoas. A incapacidade que provoca caracterízase por trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañada doutras alteracións como ansiedade e depresión.
Con motivo do Día Nacional da Esclerose Múltiple e baixo o lema “Xuntos somos máis fortes que a Esclerose Múltiple”, AEDEM-COCEMFE e as súas 47 asociacións aproveitamos para reivindicar aqueles aspectos que poden mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple e que detallamos a continuación.
Reivindicacións das Persoas con Esclerose Múltiple
- O recoñecemento automático do 33% de discapacidade co diagnóstico, o que supoñería un mellor acceso a medidas de protección social e ao emprego de persoas con Esclerose Múltiple.
- Maior apoio gobernamental á investigación da esclerose múltiple.
- Acceso a un tratamento rehabilitador integral, personalizado, gratuíto e continuado, en todas as comunidades autónomas, reforzando o papel que as organizacións de pacientes desenvolvemos neste campo.
- Equidade no acceso ao tratamento farmacolóxico que precise cada persoa, en todas as comunidades autónomas e en todos os centros hospitalarios.
- Maior compromiso dos empresarios nas adaptacións dos postos de traballo e o cumprimento do 2% que esixe a lexislación na contratación de persoas con discapacidade.
