Saltar ao contido
FEGADEM
  • FEGADEMAmpliar
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)Ampliar
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • InfórmateAmpliar
    • Novas
    • Axenda
    • BoletínsAmpliar
      • Boletín EM ao Día
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • ServizosAmpliar
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Nutrición
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • TransparenciaAmpliar
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Contacto
Facebook X Instagram YouTube
FEGADEM
Uncategorized
Publicada o 11 Maio, 202611 Maio, 2026

O novo contrato do transporte urbano de Santiago reforzará a accesibilidade

A accesibilidade no transporte público é unha das demandas máis habituais entre as persoas con Esclerose Múltiple (EM) da comunidade galega. En Santiago de Compostela, o novo contrato do transporte urbano incorporará melloras dirixidas a garantir un sistema máis inclusivo, seguro e accesible para todas as persoas con discapacidade.

Un avance para a accesibilidade do transporte público

O movemento asociativo galego que traballa coa discapacidade comparte varias reivindicacións. Entre estas está a loita por unha mobilidade pública realmente accesible. En Santiago, isto parece que se vai materializar nunhas medidas das que se beneficiarán todas as persoas con discapacidade que empreguen os autobuses urbanos.

Búscase que o transporte se faga accesible dende o deseño inicial do servizo, evitando barreiras tanto físicas como cognitivas.

Autobuses accesibles e con melloras para discapacidades sensoriais

O novo contrato establece que todos os vehículos futuros deberán ser accesibles. Entre as novas destacan as seguintes:

  • Sistemas de avisos visuais e acústicos.
  • Dobre rampla de acceso, manual e automática.
  • Piso baixo continuo integral nos autobuses.
  • Pulsadores accesibles á altura adecuada das persoas que empregan cadeira de rodas.
  • Sinalización en braille nos botóns de parada.
  • Sistemas de guiado óptico-acústico para persoas con discapacidade visual ou auditiva.

Con estas medidas búscase facilitar o uso autónomo do transporte público para todas as persoas con discapacidade, mellorando a seguridade e a experiencia da viaxe.

Ademais, o contrato contempla que calquera avería nas ramplas suporá a retirada inmediata do vehículo do servizo. Así garántese que a accesibilidade non dependa só da dispoñibilidade técnica puntual de cada autobús.

A accesibilidade non pode ser opcional

Un dos aspectos relevantes do novo contrato é que a accesbilidade plantéxase como unha condición obrigatoria do servizo. Durante o periodo inicial de implantación, incluso os autobuses provisionais deberán cumprir certos criterios de accesibilidade e dispoñer de solo baixo.

Este plantexamento supón un avance en termos de inclusión e responde a demandas históricas do tecido asociativo galego.

Transporte público e vida independente

O acceso ao transporte condiciona en moitos casos a vida diaria, e máis en comunidades coa poboación tan dispersa como a galega, na que os centros de rehabilitación e hospitais adoitan estar centralizados nos núcleos de poboación máis grandes. O transporte convírtese nestes casos en necesario para acudir a consultas médicas, traballar, estudar, participar en actividades sociais ou, en definitiva, manter unha vida autónoma.

Para moitas persoas con discapacidade, as barreiras do transporte público continúan limitando os seus dereitos básicos de participación na sociedade. Por isto, as melloras propostas en Santiago representan tamén unha referencia para outros municipios galegos que deberán avanzar a modelos máis accesibles, universais e inclusivos.

Un reto pendente noutras cidades galegas

Galicia avanzou notoriamente en materia de accesibilidade nos últimos anos. A pesares disto, aínda persisten importantes desigualdades entre territorios e servizos. A renovación dos contratos públicos é un momento perfecto para incorporar estándares máis modernos de accesibilidade e garantir que ningunha persoa quede excluída do transporte público por motivo da súa discapacidade.

É necesario que as entidades sociais participen neste tipo de decisións para asegurar que as necesidades reais da comunidade con discapacidade cheguen ao lugar idóneo para que as innovacións técnicas respondan á experiencia cotiá destas persoas. Porque a mobilidade accesible é unha cuestión de dereitos, de autonomía e de igualdade de oportunidades.

Fonte:

Xan Duro presenta a entidades sociales las mejoras de accesibilidad del transporte urbano

Navegación de entradas

Anterior Anterior
Esclerose Múltiple, os síntomas invisibles e o camiño ata o diagnóstico
Facebook X Instagram YouTube

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

Contacto:

Centro Cadoiro, oficina B04 - Rúa República Checa, 52, 15707, Santiago de Compostela

info@esclerosismultiplegalicia.org

604 050 773

Entidade declarada de utilidade pública

© 2026 FEGADEM - Tema para WordPress por Kadence WP

Hosting patrocinado por

Entidade declarada de utilidade pública

FEGADEM
Xestionar consentimento

Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento permítenos procesar datos como o comportamento de navegación. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións.

Funcionais Activo sempre
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o uso lexítimo dun servizo solicitado polo usuario, ou para a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou acceso que se emprega exclusivamente con fins estatísticos. O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de internet ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada con este propósito soamente non se pode usar para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de márketing semellantes.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}
  • FEGADEM
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • Infórmate
    • Novas
    • Axenda
    • Boletíns
      • Boletín EM ao Día
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • Servizos
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Nutrición
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • Transparencia
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Contacto
Buscar