
FEGADEM pon en marcha a campaña Asociarte tamén é Coidarte
A Esclerose Múltiple é unha enfermidade neurodexenerativa, cambiante e chea de incertidume. Pero hai algo que sabemos dende FEGADEM e as nosas entidades: ninguén debería atravesar este camiño en soidade.








