Oferta de emprego: buscamos técnico/a de Nutrición e Dietética
Na Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) abrimos un proceso de selección para cubrir o posto de Persoa Técnica de Nutrición e Dietética. Esta é unha oportunidade para profesionais da nutrición con interese en enfermidades neurodexenerativas e coa vontade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple en Galicia.
Que buscamos
A persoa seleccionada deberá contar con:
- Formación en Nutrición e Dietética.
- Sensibilidade social e interese polas enfermidades neurodexenerativas.
- Capacidade de comunicación e divulgación para impartir obradoiros e charlas.
- Proactividade, dinamismo e compromiso coa acción social.
Funcións principais
O posto implica:
- Elaboración de materiais divulgativos e educativos sobre nutrición adaptada a persoas con Esclerose Múltiple.
- Asesoramento nutricional individual e grupal.
- Planificación e impartición de charlas e obradoiros.
Condicións do posto
- Localización: Santiago de Compostela (con algún desprazamento puntual)
- 75% da xornada
- Contrato anual
- Incorporación arredor do 10 de decembro.
- Valorarase: carné de conducir e vehículo propio, así como dispoñibilidade para desprazamentos.
- Requisito: estar desempregado/a e inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego (SPEG)
Como enviar a candidatura
As persoas interesadas deben enviar o seu CV actualizado a gestion@esclerosismultiplegalicia.org, co asunto “Oferta emprego Nutrición + Nome e Apelidos”.
Data límite: 17 de novembro de 2025
Consulta os termos de referencia completos aquí.
Programas de cooperación 2025
Esta oferta de emprego está asociada aos Programas de Cooperación 2025 da Xunta de Galicia.
