FEGADEM

Federación Galega de Esclerose Múltiple

SíguEMe, EMociónate, CompréndEMe,
cando che digo que loitamos por ti

Queremos mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola Esclerose Múltiple e os seus familiares ou persoas de referencia.

As nosas asociacións membro contan cada unha delas con máis de 20 anos de experiencia en atención social, psicolóxica, físico-funcional, educativa e sociocomunitaria.

Traballamos dende o local ata o global en visualización e sensibilización. Estamos presentes a través das nosas asociacións en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

SíguEMe, EMociónate, CompréndEMe

Pódeche interesar

O camiño máis longo comeza dando un só paso

Que é a EM?

EM
Remitente - Recorrente

ler máis

EM
Primaria Progresiva

ler máis

EM
Secundaria Progresiva

ler máis

Tratamentos

 

“Non podemos controlar o vento, pero si axustar as velas”

Tratamento farmacolóxico
 

“O límite non o pon a EM, o límite polo ti”

Tratamentos rehabilitadores

“Xuntos somos máis fortes”

Atópanos

Servizos e Proxectos

 

Img Información, Orientación e Asesoramento

Información, Orientación e Asesoramento

En FEGADEM ofrecemos soporte de información e asesoramento en cuestións de administración, xestión e resolución de consultas tanto ás asociacións membro como ás persoas interesadas.

Img Sensibilización e visibilización da Em

Sensibilización e visibilización da Em

Dende FEGADEM pretendemos ser un referente do colectivo de persoas con EM a nivel autonómico, ademais de que as nosas entidades socias teñan maior proxección social.

Img SéguEMe, EMociónate, compréndEMe, cando che digo que loitamos por ti

SéguEMe, EMociónate, compréndEMe, cando che digo que loitamos por ti

Programa centrado na visibilización, sensibilización e divulgación sobre a Esclerose Múltiple e FEGADEM.

Img ComunícatEM

ComunícatEM

En FEGADEM pretendemos crear unha comunidade informada e sensibilizada na EM a través deste programa centrado na comunicación externa e interna da Federación.

Img  Captación de recursos e convenios de colaboración

Captación de recursos e convenios de colaboración

En FEGADEM loitamos por conseguir financiación para manter os servizos e dotar de recursos que favorezan o labor do asociacionismo.

Img Apoio ás entidades membro

Apoio ás entidades membro

O asociacionismo é vital para enfrontar os desafíos, e FEGADEM une e fortalece ás asociacións galegas para mellorar a calidade de vida das persoas con EM.

Infórmate

23/11/2024 - 23/11/2024 | Online

Encontros con Esclerose Múltiple 2024 de AEDEM-COCEMFE

Está dirixido a persoas menores de 35 anos diagnosticadas con Esclerose Múltiple que queiran coñecer a EM, estabilizar a súa realidade e compartir espazo con iguais.

27/10/2024 - 27/10/2024 | Vigo

AVEMPO organiza a súa XII Carreira Solidaria Eu Móvome pola EM

Podes participar fisicamente ou realizar unha doazón solidaria adquirindo o teu Dorsal 0.

27/10/2024 - 27/10/2024 | A Coruña

ACEM Coruña organiza un concurso de fotografía polo seu 30 aniversario

A data límite para enviar as fotografías é o 27 de outubro e as gañadoras formarán parte dun calendario solidario.

19/10/2024 - 19/10/2024 | A Coruña

ENKI anuncia a súa carreira anual, que se celebrará o 19 de outubro en Coruña

Fundación ENKI organiza a súa carreira anual para favorecer a inclusión.

18/10/2024 - 18/10/2024 | A Coruña

Move On Neurorrehabilitación organiza un taller de mobilizacións e transferencias na atención sanitaria

O taller está destinado a familiares e persoas coidadoras de persoas con discapacidade ou en situación de dependencia.

30/09/2024 | Galicia

Novo proxecto de detección de necesidades nas persoas con EM no rural, de FEGADEM

FEGADEM desenvolve un novo proxecto, coa colaboración das súas entidades, para detectar as necesidades das persoas con EM que viven no rural galego.

26/09/2024 | Santiago de Compostela

Comorbilidades na Esclerose Múltiple. Como afectan a progresión?

Como as comorbilidades afectan a Esclerose Múltiple. Novas evidencias e recomendacións clínicas.

23/09/2024 | Santiago de Compostela

Iniciar o tratamento durante a infancia en menores con Esclerose Múltiple reduce a discapacidade a longo prazo

Unha nova investigación australiana presentada en ECTRIMS 2024 revela que iniciar a terapia durante a infancia reduce a discapacidade a longo prazo en persoas con EM.

19/09/2024 | Cambados

ACEM, unha das beneficiarias de Os Xoves de Códax, no seu reparto solidario de 50.000 euros

A Adega Martín Códax, nos seus once anos de iniciativa, leva repartidos 270.000 euros en fins sociais. Este ano, ACEM é unha das beneficiarias.

18/09/2024 | Santiago de Compostela

Unha investigación está estudando a fatiga na Esclerose Múltiple

A fatiga forma parte do día a día de moitas persoas con Esclerose Múltiple e outras enfermidades, polo que coñecer as súas características é fundamental.

16/09/2024 | Santiago de Compostela

As inflamacións fora do cerebro supoñen unha progresión máis rápida da Esclerose Múltiple

No estudo da Universidade de Southampton participaron 50 persoas con Esclerose Múltiple que levaban uns 12 anos diagnosticadas.

11/09/2024 | Ames

O Concello de Ames promove o seu servizo de transporte adaptado

Este servizo facilita a mobilidade e fomenta a inclusión social de Ames e a súa contorna, pero gran parte da comunidade descoñéceo aínda.

11/09/2024 | Santiago de Compostela

Avances na investigación do Párkinson: colaboran ACEM Santiago e a Asociación Párkinson de Vigo

A investigación do CiMUS apóiase na nosa entidade membro ACEM en Santiago e da Asociación Párkinson de Vigo para levar a cabo o estudo.

08/09/2024 | Santiago de Compostela

Día Mundial da Fisioterapia: os seus beneficios na Esclerose Múltiple

Dende FEGADEM agradecemos a todas as persoas profesionais da fisioterapia o seu gran traballo neste 8 de setembro, Día Mundial da Fisioterapia.

Axenda

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Destacados

Boletín

Mantente informado/a
Recibe o noso boletín
Máis info