Guía informativa sobre a Esclerose Múltiple
Dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) sabemos que recibir o diagnóstico de Esclerose Múltiple (EM) pode ser abrumador e estar cheo de incógnitas. Esta guía está deseñada para aportarche información clara e accesible sobre a EM, así como ferramentas que te axuden a xestionar esta nova etapa da túa vida.
A EM é unha enfermidade moi variable, por iso recibe o nome da “enfermidade das mil caras”. O noso obxectivo é proporcionarte recursos para que a coñezas mellor e poidas tomar as decisións axeitadas sobre o teu tratamento e coidado. O apoio de profesionais, o apoio social e o emocional son básicos para esta nova etapa, e dende FEGADEM e as nosas asociacións membro estamos aquí para asesorarte.
Xuntas, somos máis fortes!

