Saltar ao contido
FEGADEM
  • FEGADEMAmpliar
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)Ampliar
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • InfórmateAmpliar
    • Novas
    • Axenda
    • BoletínsAmpliar
      • Boletín EM ao Día
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • ServizosAmpliar
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Nutrición
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • TransparenciaAmpliar
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Contacto
Facebook X Instagram YouTube
FEGADEM

Asóciate

Unirse a algunha das entidades membro de FEGADEM fortalece a comunidade de Esclerose Múltiple en Galicia, asegurando a continuidade dos servizos que as asociacións ofrecen. Ademais, potencia a visibilidade da EM e reforza o movemento asociativo galego, contribuíndo á defensa dos dereitos das persoas con EM e das súas familias.

Importancia de asociarse

Asociarse a unha entidade Esclerose Múltiple mellorará tanto a túa propia calidade de vida como fortalecerá a comunidade da Esclerosis Múltiple en Galicia. Permite acceder a recursos, apoio personalizado e programas adaptados ás túas necesidades, ao mesmo tempo que contribúes a que outras persoas con EM e as súas familias tamén teñan acceso a servizos e atención de calidade. A túa participación fai máis forte o movemento asociativo e garante que a voz das persoas con EM e os seus dereitos sexan escoitados e respectados.

Servizos de rehabilitación adaptados a ás necesidades de cada persoa

Información fiable e actualizada sobre a Esclerose Múltiple

Apoio emocional individualizado

Conexión con outras persoas con EM e as súas familias

Contribuír a fortalecer os teus dereitos

Cando asociarse

Unirse a unha asociación de FEGADEM non significa que teñas que estar pasando por unha situación complicada ou que a túa vida estea marcada pola EM. Moitas persoas senten medo ou vergoña ao asociarse, pensando que só é para quen precisa axuda urxente. Pero formar parte da comunidade é prevención, información e conexión. Podes asociarte simplemente para coñecer recursos, compartir experiencias, apoiar a outras persoas ou participar en actividades adaptadas ao teu ritmo e necesidades. A asociación adáptase a cada persoa e a súa situación, ofrecendo un espazo seguro e próximo onde todas as persoas se sintan acollidas.

Como asociarse

Para asociarte, só tes que contactar con FEGADEM e unha das nosas traballadoras buscará cal das asociacións se adapta mellor á túa situación. Podes chamar, pedir información e orientarémosche o mellor posible. Ti podes decidir despois se asociarte ou non, pero animámoste a que fagas a proba. As asociacións están aí para ti, son un recurso para a túa familia e para as persoas con Esclerose Múltiple galegas. Asociarte tamén é coidar de ti e dos teus. 

ASÓCIATE
Facebook X Instagram YouTube

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

Contacto:

Centro Cadoiro, oficina B04 - Rúa República Checa, 52, 15707, Santiago de Compostela

info@esclerosismultiplegalicia.org

604 050 773

Entidade declarada de utilidade pública

© 2026 FEGADEM - Tema para WordPress por Kadence WP

Hosting patrocinado por

Entidade declarada de utilidade pública

FEGADEM
Xestionar consentimento

Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento permítenos procesar datos como o comportamento de navegación. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións.

Funcionais Activo sempre
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o uso lexítimo dun servizo solicitado polo usuario, ou para a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou acceso que se emprega exclusivamente con fins estatísticos. O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de internet ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada con este propósito soamente non se pode usar para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de márketing semellantes.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}
  • FEGADEM
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • Infórmate
    • Novas
    • Axenda
    • Boletíns
      • Boletín EM ao Día
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • Servizos
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Nutrición
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • Transparencia
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Contacto
Buscar