A importancia da alimentación na Esclerose Múltiple
A importancia da alimentación na Esclerose Múltiple. A alimentación é unha arma de dobre filo. Inflúe directamente no benestar e sempre é importante, pero máis aínda se existe un diagnóstico de Esclerose Múltiple (EM). Comer é unha acción que facemos todos e todas a diario, e ao facelo introducimos no noso corpo substancias que poden beneficiar ou prexudicar a nosa saúde. Saber que incluír na túa dieta e que evitar, xunto cos tratamentos farmacolóxicos e rehabilitadores, serve para xestionar a enfermidade, os síntomas e mellorar a calidade de vida.
A nutrición na Esclerose Múltiple
A evidencia científica indica que a alimentación inflúe nos procesos inflamatorios, inmunitarios e metabólicos implicados na EM.
Saber que alimentos incluír na dieta e cales limitar, xunto co tratamento farmacolóxico, pode contribuír a:
- Mellorar o control dos síntomas.
- Optimizar o prognóstico.
- Incrementar a calidade de vida.
Non falamos de dietas milagre. Falamos de decisións informadas, sostibles e baseadas en datos.
Novo servizo en FEGADEM
Co novo servizo de nutrición en FEGADEM, realizaremos unha serie de publicacións coas que queremos compartir información rigorosa e útil sobre a relación entre a alimentación e EM.
O noso obxectivo é dar información contrastada, desmontar mitos frecuentes e ofrecer ferramentas prácticas para coidar a túa saúde a través da alimentación e que teñan un impacto real no teu benestar.
A importancia dunha abordaxe integral
A alimentación é mio importante, pero non actúa de forma illada. Na saúde das persoas tamén inflúen a microbiota intestinal, a actividade física, o sono… Todos factores interrelacionados, polo que é moi necesario adoptar un enfoque integral.
Para máis información
Para seguir estes contidos de preto e non perderte ningunha nova sobre nutrición, podes:
- Seguirnos en Instagram
- Seguirnos en TikTok
- Seguirnos en Facebook
- Unirte á nosa canle de WhatsApp
- Subscribirte ao noso boletín mensual
Fonte científica
Hryb J, Christopher N, Vega Valderrama E, Álvarez Bórquez C, Chiganer E, Henestroza P, Trussi M, Giachello S, Perassolo M. (2024). Cambios en los hábitos alimentarios en relación con el diagnóstico de esclerosis múltiple. Medicina (B Aires). 84(5). Dispoñible en: https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/39399924/
