En FEGADEM renovamos a colaboración con Caixa Bank para apoiar ás persoas con Esclerose Múltiple
Na Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) queremos expresar o noso agradecemento á sucursal de Caixa Bank de Frei Rosendo Salvado (Santiago de Compostela) pola súa confianza e apoio continuado.
Un ano máis, a aportación solidaria da sucursal de Caixa Bank de Frei Rosendo Salvado (Santiago de Compostela) permítenos seguir traballando pola inclusión, a solidariedade e a mellora da calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple (EM) e das súas familias en Galicia.
A colaboración quedou formalizada coa sinatura realizada na sucursal coa directora da oficina, Amparo Rodríguez, á que agradecemos especialmente o seu compromiso coas iniciativas sociais e co tecido asociativo galego.
Apoio ás persoas con EM
Este apoio é moi importante para que dende FEGADEM e as nosas entidades membro poidamos continuar desenvolvendo programas de rehabilitación, acompañamento, sensibilización e defensa de dereitos das persoas con EM e as familias.
Un camiño compartido
A confianza que Caixa Bank deposita cada ano en FEGADEM demostra o valor das alianzas entre entidades sociais e empresas comprometidas, que permiten avanzar cara unha sociedade máis xusta, accesible e inclusiva.
