Novas condicións da DGT para renovar o carnet de conducir con determinadas enfermidades
Se tes Esclerose Múltiple con limitacións, Párkinson avanzado, epilepsia non controlada ou outras afeccións que poidan afectar á condución, esta nova medida da DGT pode repercutir no teu carnet de conducir.
A Dirección General de Tráfico (DGT) implanta unhas novas medidas para mellorar a seguridade vial en España, con controis médicos máis estrictos á hora de renovar o carnet de conducir.
Novos requisitos
Segundo o Real Decreto 818/2009, o recoñecemento médico dos e as condutoras é imprescindible para controlar a seguridade vial, sobre todo por enriba dos 65 anos. A DGT, coa colaboración de centros especializados, avaliará as condicións de saúde que poden alterar a condución, como problemas de visión, audición, coordinación ou estado mental.
Estes centros médicos emitirán un certificado de aptitude psicofísica válido durante 90 días, que será necesario para moitos dos trámites relacionados co carnet de conducir.
Que cambia este 2025?
As persoas que viven con algunha das 35 enfermidades recollidas polo listado da DGT deben demostrar que están sendo controladas polo sistema sanitario e a adaptación en caso de ser necesaria.
No caso da Esclerose Múltiple, terase en conta se se teñen limitacións e sempre con control médico.
A DGT advirte de que ocultar estas enfermidades pode supoñer responsabilidades legais en caso de accidente.
Debate
Esta medida xerou un debate arredor da condución e estas enfermidades, xa que unhas persoas veno como limitacións excesivas e outras, en cambio, como unha medida necesaria para manter a seguridade vial.
Se tes dúbidas, é recomendable consultalo nos centros médicos e revisar a normativa oficial na páxina da Dirección General de Tráfico.
Lista de enfermidades
- Arritmias cardíacas graves
- Infarto de miocardio recente
- Aneurismas vasculares significativos
- Insuficiencia cardíaca avanzada
- Marcapasos sen control médico
- Crises de inconsciencia recorrentes
- Epilepsia non controlada
- Accidente cerebrovascular recente
- Párkinson avanzado
- Esclerose Múltiple con limitacións
- Demencia (Alzhéimer ou outras)
- Trastorno bipolar sen tratamento
- Esquizofrenia activa
- Depresión maior con risco suicida
- Trastornos de ansiedade graves
- Apnea do sono non tratada
- Narcolepsia
- Diabetes insulinodependiente descontrolada
- Hipoglucemias frecuentes
- Hipertensión arterial severa
- Insuficiencia renal en diálise
- Enfermidades hepáticas avanzadas
- Glaucoma con perda de visión severa
- Cataratas non operadas
- Retinopatía diabética avanzada
- Perda auditiva profunda sen corrección
- Vertixe crónica non controlada
- Artrose severa con limitación motora
- Artrite reumatoide incapacitante
- Lesións medulares con paraplexia
- Miopatías progresivas
- Trastornos de coordinación severos
- Adicións activas (alcohol, drogas)
- Medicacións con efectos sedantes
- Calquera condición que limite a reacción ao conducir
