Dende FEGADEM anunciamos o cambio de dirección da nosa sede
Na Federación cambiamos o noso domicilio administrativo e social dentro da cidade de Santiago de Compostela. Se queres contactar, visita o apartado de Contacta da nosa web.
Na Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) anunciamos que cambiamos a dirección da nosa sede. Se tes Esclerose Múltiple (EM) ou es familiar de alguén que vive con ela, na Federación estamos aquí para axudar. Contacta connosco para informarte.
Nova dirección
Rúa República Checa, 52 (Centro Cadoiro) – Local B04, 15707, Santiago de Compostela.
Servizos de FEGADEM
Na Federación ofrecemos orientación, información, asesoramento e acompañamento neste camiño. Podes consultar os nosos servizos no apartado Servizos e Proxectos da nosa web e consultar as nosas redes sociais.
Entidades membro
Cubrimos as necesidades das persoas con EM en toda a comunidade galega a través das nosas 5 asociacións membro: ACEM en Coruña, ACEM en Santiago, ALUCEM en Lugo, AODEMPER en Ourense e AVEMPO en Vigo. Consulta máis sobre elas no apartado Entidades Socias da nosa web.
