Leva a solidariedade contigo por só 10 euros coas bolsas solidarias de FEGADEM
O recadado irá destinado a mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple en Galicia e as súas familias, mellorando os servizos da Federación e as súas asociacións.
Queres colaborar coa mellora da calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple (EM) en Galicia? Agora podes facelo adquirindo unha das bolsas solidarias de FEGADEM! Por só 10€ estarás contribuíndo a apoiar ás persoas con EM e ás súas familias, ademais de axudar a garantir o bo funcionamento da Federación e as súas entidades membro.
Dous modelos exclusivos
Están á venda dous deseños únicos de bolsas solidarias de tea. Ademais de ser un complemento práctico e ecolóxico, estas bolsas son un símbolo de solidariedade e apoio ás persoas con EM galegas.
Non importa cal elixas (ou se prefires levar os dous modelos!), xa que cada bolsa está cargada de cooperación e compromiso.
Como podes conseguilas?
Facerte coa túa bolsa é moi sinxelo. Só tes que seguir estes pasos:
1. Completa o formulario que atoparás aquí.
2. Elixe o(s) modelo(s) que máis te gusten e indica cantas unidades desexas de cada un.
3. Realiza a doazón (10€ por cada bolsa) ao número de conta de FEGADEM: ES18 2100 5753 0502 0011 2612
Non esquezas indicar no concepto do ingreso a palabra “Bolsa” xunto co teu nome e apelidos (por exemplo, Bolsa María García).
Se precisas axuda ou queres resolver algunha dúbida, podes contactar connosco!
Por que é máis que unha compra?
Mercar unha bolsa solidaria de FEGADEM non é só adquirir un produto útil e bonito; é un acto de solidariedade. Estes fondos destinaranse directamente a:
- Mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple.
- Apoiar ás súas familias, ofrecendo servizos e recursos específicos.
- Soster o traballo da Federación e as súas entidades.
Unidades limitadas: non quedes sen a túa
As bolsas son limitadas, así que non perdas esta oportunidade! Lembra que cada doazón conta e axuda a construír unha sociedade máis inclusiva. Grazas por colaborar! Xuntas e xuntos, somos máis fortes. Leva contigo a solidariedade e marca a diferenza por só 10€. Cubre o formulario e súmate á causa!
