Actividades que organizan as asociacións membro polo Día Nacional da Esclerose Múltiple
O 18 de decembro é o Día Nacional da Esclerose Múltiple e FEGADEM e as súas entidades membro organizan varios eventos arredor dese día para visibilizar o seu traballo e reivindicar os dereitos das persoas con EM.
O 18 de decembro é o Día Nacional da Esclerose Múltiple (EM), unha data para visibilizar esta enfermidade crónica que afecta a máis de 55.000 persoas en España. Dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) e as nosas entidades membro, traballamos para dar visibilidade á realidade das persoas que viven con esta condición e para reivindicar medidas que melloren a súa calidade de vida.
Este ano, dende FEGADEM e as nosas entidades organizamos diversas actividades e eventos por toda Galicia para sensibilizar á sociedade e reforzar as nosas demandas, destacando a importancia dunha atención integral, acceso a tratamentos e unha financiación estable para as asociacións que ofrecen apoio ás persoas con Esclerose Múltiple (EM).
Actividades polo Día Nacional da Esclerose Múltiple
A continuación, compartimos a axenda de eventos en cada provincia, que poddes consultar tamén aquí.
A Coruña
FEGADEM
- 18 de decembro: Taller de Educación Afectivo-Sexual para persoas con EM – 17:30 – sede de ACEM Santiago – Máis información aquí
- 17 de decembro: Mesa informativa na Consellería de Sanidade (San Lázaro) – 9:00 a 14:00 – Máis información aquí
- 18 de decembro: Mesa informativa no CHUS – 9:00 a 14:00 – Máis información aquí
- 20 de decembro: Mercadillo Solidario de Nadal con chocolatada – 16:30 a 20:00 – sede de ACEM Santiago – Máis información aquí
- 18 de decembro: campaña de sensibilización e recadación con mesas en:
- Centro Comercial Alcampo: 10:30 – 14:00 e 16:00 – 20:00.
- Carrefour (Alfonso Molina): 10:30 – 14:00 e 16:00 – 20:00.
- Edificio Novos Ministerios: 9:30 – 14:00.
- Rúa Ramón y Cajal (entrada Catro Camiños): 10:30 – 14:00 e 16:00 – 20:00.
- Rúa Juan Flórez (fronte a Cortefiel): 10:30 – 14:00.
- Cantón Pequeno (diante do edificio Ocaso): 9:30 – 19:00.
- Podes consultar máis información sobre as mesas aquí.
Ourense
- 18 de decembro: Mesa informativa no CHUO – 11:00 a 14:00 – Máis información aquí
- 19 de decembro: Mesa informativa – Celanova.
- 21 de decembro: actividade de Crossfit inclusivo – 16:00 – Oira – Máis información aquí
Vigo
FEGADEM
- 19 de decembro: Taller de Educación Afectivo-Sexual para persoas con EM – 17:30 – sede de AVEMPO – Máis información aquí
- 18 de decembro:
- Xornada ‘Usos da Realidade Virtual na Esclerose Múltiple’ – sede de AVEMPO – Máis información aquí
- Charla no CPR Plurilingüe Atlántida e publicación do seu calendario solidario – Máis información aquí
Lugo
- 18 de decembro:
- Mesa informativa no HULA – 10:00 a 13:00.
- Mesa informativa na Praza Maior (onde os postos de Nadal) – 11:00 a 21:00.
Por que é importante o Día Nacional da Esclerose Múltiple?
- Visibilizar a realidade da EM: unha enfermidade neurolóxica, con síntomas ás veces invisibles, que impacta na vida das persoas.
- Reivindicar maior protección social e atención integral: dende o diagnóstico, para garantir a calidade de vida e a participación activa das persoas con EM na sociedade.
- Reforzar a importancia dunha financiación estable para as asociacións que ofrecen apoio, como rehabilitación, atención psicolóxica e orientación para persoas con EM e as súas familias.
Participa e colabora
Animámoste a visitar as mesas informativas, participar nas actividades e apoiar as iniciativas solidarias organizadas por FEGADEM e as súas entidades membro. O teu apoio serve para mellorar a calidade de vida de miles de persoas en Galicia que viven coa EM.
Xuntas e xuntos podemos construír unha sociedade máis inclusiva, onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades.
