FEGADEM sortea 2 bolsas de tea solidarias polas súas redes sociais
Tamén están á venda por 10 euros. O recadado irá destinado a mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple.
Na Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) seguimos traballando para visibilizar a Esclerose Múltiple (EM) e ofrecer servizos que melloren a calidade de vida das persoas con EM. Por iso, queremos premiar o teu apoio coa oportunidade de gañar unha destas bolsas de tea solidarias cun deseño único. Queres saber como participar? Aquí tés toda a información!
Como participar no sorteo?
Tes ata o 4 de decembro para sumarte! Podes facelo en Instagram ou Facebook e debes seguir estes pasos:
1. Comenta na publicación de Instagram ou Facebook mencionando a un/ha amigo/a. Cantas máis veces comentes, máis posibilidades terás!
2. Séguenos na nosa páxina de Facebook e/ou Instagram.
3. Dálle “Me gusta” á publicación para amosar o teu apoio.
Se compartes a publicación mencionándonos (@esclerosemultiplegal) terás unha participación extra! Se tes conta privada, envíanos unha captura para validar a túa participación extra.
Cando se anunciarán as persoas gañadoras?
O día 4 de decembro publicaremos os nomes das dúas persoas gañadoras e contactaremos con elas a través das redes sociais. Non perdas a oportunidade!
Tamén podes mercar a túa bolsa solidaria
Podes facerte cunha destas bolsas exclusivas por tan só 10€. O recadado irá destinado integramente a apoiar os nosos servizos de atención e mellora da calidade de vida das persoas con EM.
Para conseguilas, contacta connosco por WhatsApp no 604 050 773 ou por correo electrónico en gestion@esclerosismultiplegalicia.org.
Por que apoiar esta iniciativa?
Cun pequeno xesto, estás contribuíndo directamente a:
- Promover a visibilización da Esclerose Múltiple (EM).
- Apoiar os servizos e proxectos que melloran a calidade de vida das persoas con EM.
- Levar contigo unha peza única e solidaria, perfecta para o día a día.
Non quedes sen a túa e participa xa! Xuntas, somos máis fortes.
Podes ler as bases do sorteo aquí.
