Avances na investigación do Párkinson: colaboran ACEM Santiago e a Asociación Párkinson de Vigo
A investigación do CiMUS apóiase na nosa entidade membro ACEM en Santiago e da Asociación Párkinson de Vigo para levar a cabo o estudo.
O Párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta a miles de persoas en todo o mundo. O seu diagnóstico temperán segue sendo un dos maiores desafíos. Neste senso, o equipo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Párkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) de Santiago, liderado pola investigadora Ana Isabel Rodríguez, está levando a cabo un estudo innovador para desenvolver un panel de biomarcadores que permita detectar o párkinson en fases temperás.
A importancia do diagnóstico precoz no Párkinson
Actualmente, cando unha persoa é diagnosticada con párkinson, entre o 50% e o 70% das neuronas dopaminérxicas, fundamentais para o control do movemento, xa morreron. Isto signifícase que os tratamentos actuais enfócanse principalmente en aliviar os síntomas, pero non logran deter o avance da enfermidade.
Con este novo estudo, o equipo de CiMUS busca identificar biomarcadores que permitan detectar o párkinson nas súas fases prodrómicas (cando aínda non hai suficientes síntomas para un diagnóstico clínico) ou incluso en fase preclínica. O obxectivo é que as persoas profeisonais da neuroloxía poidan empregar esta información para diagnosticar a enfermidade antes de que os síntomas empeoren e axustar o tratamento ás necesidades específicas de cada paciente.
O papel de ACEM Santiago e a Asociación Párkinson de Vigo
Un aspecto fundamental deste proxecto é a colaboración da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras Enfermidades Neurodexenerativas e Raras (ACEM) e a Asociación Párkinson de Vigo. Grazas ao seu apoio, logrouse o recrutamiento dun centear de persoas con esta enfermidade, cifra que se agarda duplicar nos próximos meses para aumentar a representatividade da mostra e garantir a validez dos resultados do estudo.
Ademais de facilitar o agrupamento destas persoas, ACEM Santiago e a Asociación Párkinson de Vigo foron esenciais para informar correctamente ás persoas participantes, asegurando que tomen decisións informadas sobre a súa participación no estudo. Este nivel de colaboración entre investigadores/as e asociacións é clave para avanzar na investigación do párkinson e mellorar o coñecemento sobre esta enfermidade.
Biomarcadores: o futuro do diagnóstico do Párkinson
O proxecto busca mellorar o diagnóstico e proporcionar unha ferramenta que permita avaliar se o tratamento que recibe unha persoa é efectivo. Ao desenvolver técnicas de detección ultrasensible de biomoléculas, os/as investigadores/as do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular do Párkinson agardan obter información detallada sobre o estado das células cerebrais destas persoas.
Este avance podería ser crucial para frear o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas que padecen párkinson.
A colaboración entre pacientes, asociacións e investigadores
O éxito deste tipo de investigacións radica na colaboración de múltiples actores. ACEM Santiago, xunto coa Asociación Párkinson de Vigo, demostrou ser un piar fundamental no desenvolvemento deste estudo. Ademais das persoas que colaboran activamente, o equipo clínico, liderado por neurólogos/as expertos/as, tamén desempeña un papel esencial na análise dos datos e a validación dos biomarcadores.
O camiño cara un diagnóstico precoz do párkinson é longo, pero grazas ao traballo conxunto entre asociacións, investigadores e pacientes, estanse logrando avances significativos que poderían cambiar o futuro desta enfermidade.
A investigación do párkinson avanza coa esperanza de que pronto se poida contar con ferramentas diagnósticas máis efectivas que permitan detectar a enfermidade antes de que os síntomas se agraven. Grazas á colaboración de asociacións como ACEM Santiago e a Asociación Párkinson de Vigo, as persoas con párkinson están xogando un papel fundamental na busca de solucións que melloren a súa calidade de vida.
Ler a nova enteira aquí.
