Previr a síndrome da persoa coidadora de persoas con enfermidades crónicas
Para quen coida a persoas con enfermidades crónicas ou neurodexenerativas, é fundamental que presten atención tamén ao seu propio benestar.
A síndrome da persoa coidadora é un problema común entre quen dedica o seu tempo a coidar a persoas con enfermidades crónicas ou neurodexenerativas como pode ser a Esclerose Múltiple (EM). Esta síndrome pode provocar agotamento físico, emocional e mental, afectando tanto ao benestar de quen coida como á calidade do coidado que proporciona. Recoñecer as sinais de alerta e adoptar estratexias de prevención é moi importante para manter o equilibrio e a saúde mental propia e de todas as persoas do seu arredor.
Que é a síndrome da persoa coidadora?
A síndrome da persoa coidadora xorde do estrés prolongado e a sobrecarga que experimenta quen coida de persoas con determinadas enfermidades que esixen atención constante. Esta sobrecarga pode derivar en cansancio extremo, ansiedade e illamento social, impactando negativamente na saúde da persoa coidadora. As sinais de advertencia inclúen agotamento, frustración e perda de interese nas actividades cotiás.
Sinais de alerta
É importante prestar atención ás sinais temperás desta síndrome para previr complicacións futuras. Algúns síntomas clave son:
- Agotamento físico e emocional: a fatiga persistente é unha sinal clara de que algo non vai ben.
- Estrés continuo: sensación constante de preocupación ou sobrecarga que impide relaxarse.
- Descoido persoal: non prestar atención á propia saúde debido ás demandas do coidado.
- Illamento social: abandoar actividades sociais ou amizades que antes disfrutabas.
- Perda de interese en actividades: notar que xa non disfrutas pasatempos ou tarefas que antes encantábanche.
Estratexias para previlo
Para quen coida a persoas con este tipo de enfermidades, a prevención é esencial para evitar esta síndrome. Aquí algúns consellos:
- Coñecer a enfermidade: no caso de enfermidades como a EM, ter información sobre os síntomas e o progreso da enfermidad permíteche tomar decisións máis informadas. Isto axuda a reducir a incertidume e a xestionar mellor as túas emocións.
- Buscar apoio: o coidado da persoa pode ser abrumador se o fas só(a). Fala con familiares, amizades ou profesionais que poidan ofrecerte un respiro e compartir así a túa carga emocional. Tamén podes considerar unirte a grupos de apoio para persoas coidadoras, onde podes compartir experiencias e consellos.
- Expresar os teus sentimentos: é normal que quen coida experimente una montaña rusa de emocións, dende a tristeza ata a frustración. Expresar estes sentimentos, xa sexa con seres queridos ou profesionais da saúde, é fundamental para liberar tensións.
- Establecer límites: o coidado prolongado, como o que esixen a EM e outras enfermidades, pode ser agotador tanto para a persoa que coida como para a receptora dos coidados. Establece límites sobre o que podes facer, delega tarefas e pide axuda cando o precises para evitar a sobrecarga.
- Practicar o autocoidado: o autocoidado é vital para todo o mundo, e máis se te atopas nesta situación. Facer exercicio, durmir ben e ter momentos de desconexión axudarache a manter un estado físico e mental saudable, algo imprescindible para poder continuar co teu rol de persoa coidadora.
A importancia de recoñecer os síntomas a tempo
Detectar a tempo os síntomas da síndrome da persoa coidadora é fundamental. Recoñecer o agotamento físico e emocional nas primeiras etapas permite tomar medidas para previr un deterioro posterior máis grave. Coidar a unha persoa cunha enfermidad é un acto de amor e dedicación, pero é fundamental que quen coida non descoide o seu propio benestar. Previr a síndrome da persoa coidadora é clave para garantir que tanto o/a que coida como a persoa que recibe os coidados teñan unha boa calidade de vida. Implementar estratexias de autocoidado, apoio emocional e establecer límites fará unha diferenza positiva no benestar xeral de todos/as.
Fonte da información: Fundación Degén
