As emocións na Esclerose Múltiple
Os tratamentos ou a propia EM poden afectar ás emocións e é importante identificalas para saber xestionalas.
O diagnóstico de Esclerose Múltiple (EM) soe traer consigo moitas emocións diferentes e intensas, tanto para a persoa con EM como para a súa familia e persoas próximas, polo que ás veces é necesaria a axuda de profesionais que axuden a xesitonalas da mellor maneira posible.
A EM ten síntomas físicos, por suposto. Pero tamén acarrea fluctuacións no estado de ánimo e reaccións incrontrolables e intensas a certas situacións. Non hai emocións malas nin boas; calqueira é válida e é importante coñecerse e respectarse e, ás veces, ante un diagnóstico de EM, precísase tempo para autoaxustarse e comprenderse.
As emocións na EM
- Alegría: cando un dos tratamentos dá bo resultado, cando aclaras as dúbidas que tes sobre a EM, cando as túas persoas queridas están preto de ti e te apoian ou cando consegues realizar un obxetivo persoal.
- Tristeza: cando perdes algunha habilidade física ou cognitiva, cando non podes ter a independencia que buscas ou cando cambia a calidade da túa vida.
- Medo: cando pensas en como evolucionará a EM e a incertidume que isto implica, ao empeoramento dos síntomas ou aos posibles brotes.
- Asco: cando non te gusta un tratamento, non te gustan as inxeccións ou tes limitacións impostas pola propia EM.
- Ira: cando ves inxusto que teñas que vivir con EM, cando as persoas non comprenden a túa situación, hai barreiras na accesibilidade ou no acceso a unha atención médica de calidade.
- Ansiedade: está moi presente en moitos momentos, sobre todo cando tes incertidume. Intesifica o resto de emocións e xera preocupación.
- Vergoña: cando tes algunha dificultade cognitiva, algún esquecemento ou algunha situación que sentes embarazosa como problemas de mobilidade en público ou dificultades para seguir unha conversa.
- Soidade: cando non atopas persoas próximas que teñan EM coma ti, cando non te comprenden ou cando os síntomas limitan a túa vida social.
- Valentía: cando tomas o control da túa vida, atopas formas de manexar a EM e sénteste apoiada polas persoas que te arrodean.
- Aceptación: cando comprendes que tes EM e adáptaste á túa nova forma de vida. É unha das fases naturais que se producen cando hai un diagnóstico de EM.
- Fatiga: é un síntoma moi común da EM e pode ser constante. Produce moito cansancio.
- Esperanza: cando les información sobre novos avances no diagnóstico ou na investigación da EM ou cando probas novos tratamentos que poden mellorar a túa calidade de vida.
Consellos para saber levar estas emocións
As emocións fortes e intensas son unha resposta natural do corpo fronte á Esclerose Múltiple, e é esencial afrontalas e non evitalas. Con estas emocións as familias e as relacións tamén poden verse afectadas e é fundamental unha boa comunicación para intentar xestionalo da mellor maneira posible. Algúns consellos son os seguintes:
- Apoiarse na familia: a familia debe ser consciente dos posibles cambios de humor e poden cambiar as tarefas e os roles. Debe terse moita paciencia.
- Contar coas túas amizades: a EM non debe ser tabú coas nosas amizades, que deben entender que aínda que haxa certos cambios, a amizade é a mesma. Que as persoas que te arrodean estean sensibilizadas e informadas é fundamental.
- Practicar exercicio: o exercicio pode mellorar a mobilidade, reducir a depresión e fatiga e mellorar o estado de ánimo.
- Practicar exercicios de relaxación: algunhas destas, tanto físicas como mentais, poden axudarte a sentirte mellor e a controlar mellor as emocións.
- Intentar manter unha actitude positiva: todas temos dereito a sentir tristeza, desánimo ou derrota, pero caer nun remuíño de depresión pode afectar ao teu estado físico e mental, así como das persoas que nos apoian. Pide axuda profesional se consideras que o precisas.
- Consultar con profesionais: podes consultar con eles calquera dúbida sobre tratamentos, medicamentos, saúde, vida… As diferentes terapias poden ter un impacto moi positivo na evolución da EM.
Fonte: Fundació Esclerosi Múltiple – Cómo gestionar las emociones que provoca el diagnóstico de la Esclerosis Múltiple
