O Virus de Epstein-Barr e a Esclerose Múltiple
Un recente estudo publicado na revista PLOS Pathogens investigou como o virus de Epstein-Barr (VEB) podería estar relacionado coa Esclerose Múltiple (EM). Este virus, coñecido por causar a mononucleose aguda infecciosa, parece desempeñar un papel significativo na aparición e progresión da EM.
Que son a Esclerose Múltiple e o Virus de Epstein-Barr?
A Esclerose Múltiple (EM) é unha enfermidade crónica, autoinmune y dexenerativa que afecta ao Sistema Nervioso Central (SNC). É unha das enfermidades neurolóxicas máis comúns entre a mocidade, sobre todo nas mulleres. Os seus síntomas varían en función da persoa, por iso coñécese como “A enfermidade das mil caras”. Na EM, o sistema inmunolóxico ataca á mielina, proteínas e graxas que facilitan a condución dos impulsos eléctricos entre as fibras nerviosas. Coa EM, a mielina pérdese en certas áreas, que se coñecen como placas de desmielinización. Podes coñecer máis sobre a EM no noso artigo de “Que é e a que se debe a EM”.
O virus de Epstein-Barr (VEP) é un dos virus máis comunes e é da familia dos herpesvirus. A maioría das infesccións polo VEP son asintomáticas e temos anticorpos, aínda que a enfermidade máis común asociada a el é a mononucleose aguda infecciosa, con síntomas como febre, dor de gorxa, inflamación dos ganglios linfáticos… Esta enfermidade coñécese como “A enfermidade do bico”, xa que o VEP contáxiase principalmente pola saliva ou obxectos compartidos como vasos, cubertos…
Descubrimentos do estudo
Os investigadores atoparon que nas persoas con EM, os niveis de anticorpos contra certas partes do VEP estaban desregulados. Isto suxire que o sistema inmunitario destas persoas podería estar relaccionando de forma anormal co virus, que ataca tamén ao cerebro e a medula espiñal. Ademais, as persoas con EM mostraron respostas inmunitarias diferentes ao VEB en comparación con persoas sen EM.
Que significa isto para a Esclerose Múltiple?
Estes achados indican que o VEB podería desencadear respostas autoinmunes que contribúen á EM. Aínda que as persoas con sistemas inmunitarios debilitados non teñen un risco maior de desenvolver EM, o estudo suxire que as reaccións específicas ao VEB en persoas con EM poderían ser un factor clave na enfermidade.
Implicacións futuras para a investigación e o tratamento
Para avanzar na comprensión da EM e desenvolver novos tratamentos, é esencial seguir investigando como o VEB inflúe nesta enfermidade. As futuras terapias poderían incluír vacinas ou tratamentos específicos para reducir o impacto do VEB na EM, o que podería atrasar a progresión da Esclerose Múltiple e mellorar a calidade de vida das persoas.
Pódese ler o artigo completo na web de Esclerosis Múltiple España, no seu artigo “El virus de Epstein-Barr determina la respuesta inmunitaria en la Esclerosis Múltiple”.
