A presidenta de FEGADEM, Teresa González, foi entrevistada pola TVG o Día Mundial da EM
O día 30 de maio foi o Día Mundial da EM e a presidenta de FEGADEM, Teresa González, foi entrevistada no programa ‘A Revista’.
O pasado 30 de maio celebrouse o Día Mundial da Esclerose Múltiple. A presidenta de FEGADEM, Teresa González Salvadores, asistiu ao programa ‘A Revista’ da TVG para falar sobre a Esclerose Múltiple, o diagnóstico e a sociedade.
“Non hai que ter medo ao diagnóstico. Hoxe (30 de maio) é un día para transmitir optimismo e alegría e vivir o día a día. Non temos que ter medo”, afirma González. Tamén lembra a todas as persoas a importancia de contar con espazos accesibles para todo o mundo e de “concienciar sobre os síntomas invisibles da EM como a fatiga, que condiciona o día a día”.
A Presidenta de FEGADEM resaltou que cando recibes o diagnóstico de Esclerose Múltiple, “o primeiro é acudir ás asociacións de pacientes. Porque vante asesorar dende o primeiro momento e vas ter unha axuda técnica, pero ademais vas estar en contacto con xente afectada”, o que é fundamental á hora de aprender uns doutros como levar mellor o día a día.
A entrevista completa pódese ver no seguinte enlace a partir do minuto 33:55.
