FEGADEM recomenda fixar as prioridades para lidiar coa fatiga e sentirse máis realizada
A fatiga é un síntoma habitual na Esclerose Múltiple (EM). Ter claras as túas prioridades pódeche axudar a xestionar mellor o teu tempo e sentirte máis produtiva.
Coa fatiga pode ser complicado realizar todas as actividades que nos gustaría. Por iso, dende FEGADEM animámosvos a fixar unha orde de preferencia de todas as vosas tarefas diarias para ilas completando pouco a pouco.
Empregar a túa forza física e emocional en realizar e completar esas actividades que consideras máis importantes e satisfactorias farache sentir moito máis realizada e será unha maneira de manterse activa e utilizar a túa enerxía de forma produtiva.
Podes apuntar as tarefas nun caderno ou no teu móbil, ou gravarlas en nota de voz se o prefires, fixando unha orde de preferencia. Despois poderás ir marcando as que xa remataches. Desta forma poderás estar organizada e sentiraste moito mellor.
E non te esquezas! Cada persoa ten o seu propio ritmo e prioridades, así que respéctao. Se non consegues rematar as tarefas que tiñas pensadas non te preocupes. Podes acabalas despois de descansar. Proba a dividir cada actividade en metas máis pequenas.
