FEGADEM sortea tres premios entre as persoas que doen á Federación antes do 15 de maio
Por cada doazón de 2 euros a FEGADEM, obterase unha participación no sorteo a través dunha rifa virtual. Sortéase unha comida no restaurante Árbore da Veira, unha clase de cerámica en Risco Estudio e un kit para facer chocolate.
Entre o 22 de abril e o 15 de maio de 2024 todas as persoas maiores de 18 anos poderán participar neste sorteo organizado por FEGADEM.
Que se sortea?
– Premio 1: comida para 2 persoas no restaurante Árbore da Veira (A Coruña)
– Premio 2: clase de 2 horas de cerámica en Risco Estudio (A Coruña)
– Premio 3: kit para facer chocolate
Como se participa?
Facendo unha doazón de 2 euros a FEGADEM a través dunha transferencia bancaria ao número de conta ES18 2100 5753 0502 0011 2612. No asunto debe poñerse tan só un correo electrónico, que será o que usemos para enviarvos as rifas virtuais. Por cada doazón de 2 euros obterase unha rifa.
Ao compartir a publicación en Instagram mencionando a FEGADEM obtense unha participación extra.
Pódese participar ata o día 15 de maio ás 12:30.
As bases poden consultarse no documento adxunto a esta publicación.
