‘Caixa Bank’ realiza unha doazón a FEGADEM
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) foi a beneficiaria dun donativo económico destinado pola entidade bancaria. Esta doazón será investida na Federación e o resto das súas 5 asociacións membro co fin de seguir garantindo apoio e servizos ás persoas con Esclerose Múltiple.
O pasado 17 de xullo a oficina Caixa Bank de Santiago de compostela, situada na rúa Frei Rosendo Salvado, colabora novamente coa razón de ser de FEGADEM. O cheque foi entregado a mans da directora da sucursal Paula García á presidenta da federación, Teresa González.
Non é a primeira vez que Caixa Bank mostra apoio á causa de FEGADEM, e unha vez máis desde a Federación Galega de Escleros Múltiple nos mostramos agradecidos de recibir recursos para poder continuar coa nosa labor fundamental, a de mellorar a calidade de vida das persoas coa devandita enfermidade a través dos nosos servizos.
