FEGADEM inicia o seu novo proxecto informativo ‘InformatEM’
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) pon en marcha un novedoso proxecto comunicativo levado a cabo polo equipo técnico da entidade. O obxectivo principal de INFORMATEM será aportar, a través das redes sociais e páxina web da entidade información de interese e temas relevantes sobre a enfermidade.
A iniciativa materializada pola coordinadora da federación, debutará unha mellora nos fluxos de información entre a razón de ser de FEGADEM e a sociedade en xeral. Con isto, ábrese unha ventá concienciadora ao público sobre o que é a esclerose múltiple e a convivencia coa enfermidade dexenerativa das persoas que a padecen e o seu círculo.
As publicacións de INFORMATEM baséanse en documentar de forma gradual sobre a esclerose múltiple, e dicir, comezando por a información máis elemental. A parte de conceptos de orixe, poderíase dicir que científico, as publicacións tamén contan con temáticas coma consellos e estilo de vida para sobrelevar de mellor maneira a enfermidade.
Esta nova proposta busca acercar de forma práctica e veraz calquera tipo de información que sirva para mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple e o seu entorno, a vez que fai unha labor sensibilizadora, utilizando como ferramenta principal as redes sociais, factor clave na sociedade actual.
