13 persoas das cinco asociacións membro de FEGADEM puideron disfrutar do partido Obradoiro-Granada grazas á grada social de “La Caixa’’
As entradas foron concedidas á Federación e repartidas pola mesma entre os membros das súas 5 asociacións ubicadas nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), ofreceu gracias á Grada Social ‘’La Caixa’’, invitacións para asistir o pasado 6 de maio ao partido do equipo da cidade Santiaguesa contra ó Granada. Ás entradas foron repartidas entre socios e acompañantes, acudindo un total de 13 persoas por FEGADEM. Tamén desfrutaron da xornada deportiva a presidenta da federación, Teresa González e o equipo técnico da entidade.
As técnicas de FEGADEM aproveitaron o evento para montar un stand informativo na entrada do Multiusos do Sar, onde se celebrou o partido, co fin de dar visibilidade á esclerose múltiple e a labor que cumpre a Federación. Repartíronse trípticos con información relacionada ca enfermidade, a razón de ser da federación e de máis datos das asociacións membro. Con todo isto, sumase a posibilidade de colaborar ca causa, pudendo facer un pequeno donativo recompensado cun agasallo simbólico.
