Máis de mil persoas con Esclerose Múltiple beneficiaranse este ano 2023 da X Solidaria en Galicia
A subvención permite á FEGADEM a contratación dunha profesional a xornada completa para a xestión e coordinación da entidade, así como a mellora da comunicación ca renovación dos equipamentos informáticos, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con EM da comunidade galega. Ademais, grazas a esta axuda, as cinco entidades membro da Federación poden manter e mellorar este ano os seus servizos psicosociais e rehabilitadores.
Máis de mil persoas con Esclerose Múltiple beneficiaranse este ano da ‘X Solidaria’ na comunidade galega a través dos tres programas postos en marcha pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF, que dotou á entidade dunha subvención de 56.001,07 euros para a execución dos catro proxectos.
Grazas a esta subvención, neste ano 2023 FEGADEM ten en marcha o ‘Programa de información, asesoramento e orientación para mellorar a calidade de vida das persoas con EM’, co que impulsa diferentes proxectos, dirixidos a abordar a patoloxía e as circunstancias que a rodean, para poder tratar as necesidades que o colectivo presenta.
A Federación busca con este programa acercar ás persoas afectadas, aos seus familiares e coidadores, información e asesoramento naquelas cuestións que poden axudar a mellorar a súa percepción sobre a enfermidade, así como o seu abordaxe. Así mesmo, busca a profesionalización da propia Federación mediante a coordinación dun profesional que articula tódolos recursos necesarios para dar consistencia á labor da Federación e repercutir en beneficio do colectivo e das asociacións federadas.
Por outra banda, os fondos do 0,7% do IRPF permiten a FEGADEM poñer en marcha o Programa de comunicación: ‘SéguEMe, EMociónate, compréndEMe, cando che digo que loitamos por ti’, que busca a visibilización e sensibilizafión na población en xeral sobre as necesidades e a realidade das persoas afectadas por EM, así coma a difusión de información veraz e práctica sobre a patoloxía. Ademáis, este programa ten coma un dos seus obxectivos principais fomentar o asociacionismo e dar a coñecer a súa importancia .
A subvención da Consellería de Política Social permite á Federación xestionar os fondos para repercutir directamente nos servizos que ofrecen as súas cinco entidade membro ás persoas con EM a través do programa ‘Programa de atención integral a persoas con EM’. Este programa permite coordinar a contratación dos servizos que se contempla como imprescindibles por FEGADEM dentro das entidades federadas e que melloran directamente a calidade de vida das persoas que conviven coa coñecida como ‘enfermidade das mil caras’, como son a Fisioterapia, o Traballo Social ou a Psicoloxía.
Neste ano 2023 FEGADEM tamén pon en marcha o programa de renovación e ampliación do equipamento informático, invertendo en material tecnolóxico; contará, entre outros, con dous ordenadores portátiles, un móbil e unha impresora que facilitarán o traballo diario e actividades de comunicación por parte das técnicas. A realización destes catro programa é posible grazas ao cofinanciamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF.
