Proceso Asistencial Integrado para a abordaxe da Esclerose Múltiple en Galicia
Enténdese por PAI a un plan de coidados interdisciplinario, baseado na evidencia e estandarizado que identifica a secuencia ideal de intervencións, hitos e resultados esperados para un grupo de pacientes, neste caso, de Esclerose Múltiple.
O PAI en Galicia, representa un primeiro paso para estandarizar os coidados para estes pacientes en Galicia, reducir a innecesaria variabilidade inxustificada en cada EOXI e as inequidades no acceso a atención, tendo en conta, as necesidades dos paciente, da última evidencia dispoñible e o contexto sanitario e social presente en Galicia. Polo tanto, o PAI de EM se define e deseña para toda Galicia e a súa implementación deberá materializarse no ámbito local (a nivel de cada EOXI).
Ademais da descrición detallada do PAI de EM en Galicia, o documento contén un apartado no que se describe a traxectoria que vive o paciente con EM, explorando cada unha das etapas polas que transcorre o largo da súa enfermidade.
Adicionalmente, inclúense a descrición detallada das áreas de mellora que decidiu o grupo de traballo multidisciplinar e que deben incorporarse en todas as EOXI de Galicia, por representar un impacto importante na mellora de atención dos pacientes con EM na Comunidade Autónoma.
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), xunto a Consellería de Política Social de Galicia, as asociación de pacientes con EM e unha representación multidisciplinar de profesionais que dan asistencia sanitaria e coidados a paciente con EM, lideraron esta iniciativa.
Ligazóns de interese:
