Taller de Visionado de Carteis e Vídeos 2019 na Fundación Barrié
FEGADEM consegue un segundo posto na elaboración do seu cartel grazas ao traballo conxunto con SocialCo.
O 17 de Outubro, celebrouse na sede da Coruña da Fundación Barrié, a segunda edición do Taller no que as entidades sociais participantes mostraron os coñecementos adquiridos nos Programas Formativos I-Nivel Iniciación e II-Nivel Avanzado celebrados no marco da convocatoria Máis Social Comunicación.
A Fundación Barrié, xunto coa Colaboración de SocialCo, encargados da orientación dos traballos de cada entidade, conseguen, que a través deste taller, cada entidade poida aprender das experiencias das demais.
Por iso, desde FEGADEM, gustaríanos agradecer e dar o parabén á Fundación Barrié, a SocialCo e a todas as entidades participantes por todo o traballo realizado.
