FEGADEM contará con huchas solidarias en distintos establecementos farmacéuticos na provincia de Pontevedra
Esta iniciativa conta coa colaboración do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra.
A intención é, sopesar se é unha técnica eficaz para a recadación de fondos e contribuír cos mesmos a mellora a da calidade de vida das persoas que sofren Esclerose Múltiple.
Trátase de solicitar un reducido esforzo individual chegando a un elevado número de persoas sensibles desta enfermidade.
A oficina da Federación contará con dúas huchas para ter a posibilidade de levalas a eventos ou actividades a realizar pola mesma.
A loita da Federación e as entidades membro é conseguir financiamento para manter os servizos mínimos de atención desde unha perspectiva integral, é por iso, que queremos agradecer ao Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra e ás Farmacias colaboradoras, a axuda para conseguir o noso obxectivo final, que é, promover a consecución dunha calidade de vida das persoas afectadas de EM, as súas familias ou persoas de referencia.
