FEGADEM reúnese con Ildefonso de Campa Montenegro, Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
A Federación Galega de Esclerose Múltiple e as súas entidades socias queren mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Esclerose Múltiple e os seus familiares ou persoas de referencia.
Por todo isto, considerábase necesario realizar unha reunión coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, para acordar unha colaboración coa Federación, para a posta en marcha e desenvolvemento de medidas de contribución promovendo as alianzas oportunas para o deseño e desenvolvemento de programas e proxectos conxuntos que cumpran cos obxectivos estratéxicos de ambas as entidades e puntos de defensa comúns.
Nesta reunión, na que acudiron, Miguel Ángel Sánchez Prián, Presidente de FEGADEM, María Teresa González Salvadores, Vicepresidenta de FEGADEM, e Eva María Rodríguez Duro, técnico da Federación e Ildefonso de Campa Montenegro Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade , e chegamos a acordos e facilitáronnos información que nos axuda a crecer como Federación, e ademais, continuaremos mantendo o contacto para futuras reunións para promover as alianzas oportunas para o deseño e desenvolvemento de programas e proxectos conxuntos que cumpran cos obxectivos estratéxicos de ambas.
En Galicia, hai ao redor de 3.000 persoas con Esclerose Múltiple, polo que se trata dunha das comunidades autónomas con maior incidente no conxunto do Estado, e unha adecuada atención é fundamental para proporcionar unha mellor calidade de vida ás persoas afectadas.
