A Federación Internacional de Esclerose Múltiple (MSIF) creou un vídeo de debuxos animados que trata algúns dos problemas sobre a vida sexual e a Esclerose Múltiple
O vídeo trata sobre algúns dos síntomas ocultos que as persoas que viven con Esclerose Múltiple poden atoparse, que son unha parte fundamental da campaña do Día Mundial da Esclerose Múltiple 2019, Mi EM Invisible (My Invisible MS), que se celebrará o xoves 30 de maio.
O vídeo de debuxos animados ‘Vida sexual e EM’ foi creado orixinariamente pola Asociación Italiana de Esclerose Múltiple. Despois, en colaboración con Australia, Dinamarca, Italia, India, Líbano, Polonia, España e o Reino Unido, adaptouse e traducido para poder compartilo coas persoas con Esclerose Múltiple en todo o mundo.
Como a Esclerose Múltiple é diferente en cada persoa, non todas elas experimentarán necesariamente todos ou algúns dos problemas mencionados no vídeo de debuxos animados.
O vídeo examina as seguintes tres categorías de problemas sexuais:
1. Os provocados polos danos do sistema nervioso central.
2. Os provocados por outros síntomas da Esclerose Múltiple.
3. Os causados por aspectos emocionais da Esclerose Múltiple.
O vídeo, que trata os diversos problemas aos que poden enfrontarse homes e mulleres, destaca a importancia da comunicación, ben co médico, a parella ou un amigo de confianza. Inclúe ademais algunhas estratexias prácticas para xestionar os problemas sexuais.
Falar sobre os devanditos problemas e tentar acabar co tabú que lles rodea é unha forma de mellorar a calidade de vida con Esclerose Múltiple. Se somos abertos e sinceros sobre os problemas sexuais, podemos empezar a loitar contra o estigma.
Pódese ver o vídeo de debuxos animados a través da seguinte ligazón https://youtu.be/i6UHUpcgG58 . Animámosvos a difundir e compartilo nas vosas páxinas e redes sociais.
Tamén se pode participar na conversación a través do hashtag #sexoyesclerosismultiple .
