A Federación Galega de Esclerose Mútiple acudiu á reunión da presentación do borrador do Plan de Humanización
A Federación Galega de Esclerose Múltiple acudiu á reunión da presentación da elaboración do Plan de Humanización a unha reunión en Santiago de Compostela para presentar o seu último borrador que ten o fin de poder ser presentado o documento final de fronte ao próximo ano 2019.
As súas principais características son: seguir unhas liñas de actuación transversais que impregnen os proxectos presentes e futuros, destacar unhas áreas prioritarias de traballo, consecución dos obxectivos propostos a medio-longo prazo e contar cun sistema de avaliación e seguimento.
É importante destacar que, no compromiso entre paciente e profesional, hai que primar a atención integral centrada na persoa á marxe das patoloxías ofrecendo un trato de confianza, empatía, proximidade e respecto mutuo. Tamén lograr unha coordinación entre distintos servizos para facilitar todo o proceso.
Doutra banda, é interesante diminuír a medicalización potenciando a medicina preventiva fomentando hábitos saudables.
Igualmente, débese conseguir unha, comunicación fluída e bidireccional, á familia e coidadores a través dunha comunicación adaptada ao paciente facendo que, o paciente se sinta como protagonista do seu proceso de saúde, coñecedor da súa saúde e responsable.
Débese de considerar o achegamento á realidade das persoas, non só ao trato e nas relacións persoais, profesionais e interprofesionais, se non na globalidad de Sistema Sanitario.
O plan vertébrase en 4 eixos estratéxicos:
1. Relación entre as persoas.
2. Procesos de atención integrados e centrados nas persoas.
3. Espazos e servizos de apoio para as persoas.
4. Integración coa sociedade.
