O Día Mundial do Párkinson: 11 de abril
Este 11 de abril é o Día Mundial do Párkinson, celebrado este día polo nacemento de James Parkinson, a primeira persoa en describir sistemáticamente os síntomas desta enfermidade. O Párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta a máis de 8 millóns de persoas en todo o mundo.
Dende FEGADEM sumámonos a este día e esta loita. Consideramos que as enfermidades neurodexenerativas (como é tamén o caso da Esclerose Múltiple) comparten unha serie de retos comúns que requiren coordinación e apoio mutuo entre entidades.
Reducir o estigma e sensibilizar
Este 11 de abril busca sensibilizar á sociedade, mellorar o coñecemento xeral sobre a enfermidade e contribuír a reducir os estigmas que aínda existen. Estes obxectivos conéctanse coa nosa labor. FEGADEM tamén loita por dignificar a realidade das persoas e promover unha mirada social baseada nos dereitos, e non nos prexuizos.
Pechar a brecha asistencial
Este 2026, as reivindicacións globais lanzadas por organizacións como Parkinson’s Europe céntranse en pechar a brecha asistencial.
Isto supón coñecer as necesidades reais das persoas con Párkinson e os recursos que efectivamente reciben. Busca derrubar barreiras e asegurar unha asistencia personalizada e multidisciplinar: de calidade.
As barreiras estruturais presentes no caso da EM, están tamén presentes no caso do Párkinson. O acceso desigual aos tratamentos, a falta de continuidade na atención, a escaseza de apoio emocional… Por todo isto, o tecido asociativo busca tentar de cubrir estas necesidades.
Atención integral e apoio emocional
O Párkinson non ten cura aínda, pero si hai tratamentos que permiten mellorar a calidade de vida. A atención non pode limitarse á abordaxe clínica, tamén debe haber un apoio social.
O acompañamento emocional, apoio e o acceso a información contrastada e fiable son moi importantes para lograr unha atención integral real. A nosa visión como FEGADEM é promover este enfoque centrado na persoa que tamén se reclama dende as asociacións de Párkinson.
A rede de apoio e os recursos en Galicia
En Galicia hai un tecido asociativo activo que traballa con persoas con Párkinson e as súas familias. Entidades como Párkinson Galicia-Coruña teñen un papel clave no acompañamento, rehabilitación e apoio social.
Ademais, algunhas das entidades membro de FEGADEM tamén traballan con persoas con outras enfermidades neurolóxicas, como Párkinson, ELA e outras. Por elo animamos a calquera persoa que conviva con esta realidade a contactar con estas organizacións. A súa experiencia, traballo e servizos están aí para ofrecer asistencia a todas as persoas con Párkinson e as familias que o desexen.
Unha loita compartida
Dende FEGADEM sumámonos a este día para reafirmar tamén o noso compromiso con todas as persoas que conviven con enfermidades neurodexenerativas e discapacidade. Máis aló do diagnóstico hai necesidades, hai desafíos comúns: o acceso a recursos, a equidade na atención, a participación social, o recoñecemento de dereitos…
