Participa no estudo sobre néboa mental e Esclerose Múltiple do Hospital Clínico San Carlos
O estudo investiga os problemas cognitivos na Esclerose Múltiple (EM) e buscan persoas que `teñan uns minutos para participar a través dun cuestionario online.
No Hospital Clínico San Carlos de Madrid están levando a cabo un estudo sobre a sintomatoloxía cognitiva asociada á EM e necesitan a colaboración de persoas que vivan con estes síntomas.
O obxectivo
O obxectivo da investigación é coñecer mellor as características da chamada “néboa mental”, que é un síntoma moi frecuente pero invisibilizado e que afecta á calidade de vida das persoas con EM.
O persoal investigador busca identificar petróns comúns e diferenzas con respecto a outras enfermidades neurolóxicas que tamén presentan alteracións cognitivas. Así pretenden crear unha escala específica e útil na práctica clínica.
Por que é importante que participes?
- Contribuirás a mellorar a comprensión científica dun síntoma que afecta a miles de persoas.
- Axudarás a desenvovler ferramentas que permitan avaliar mellor o impacto cognitivo da EM.
- Darás visibilidade a unha realidade que moitas veces non se percibe dende fóra.
Como participar?
Simplemente tes que cubrir un cuestionario online de Google Forms. Antes de comezar, poderás atopar unha explicación do estudo. O proceso é ánonimo e conta coa aprobación do Comité de Ética.
Podes acceder ao formulario aquí.
Difunde
Se formas parte dunha asociación ou coñeces a persoas con EM, agradecemos que difundas esta información para chegar a máis persoas. Cantas máis sexan, máis representativos serán os resultados. Anímate!
