FEGADEM fortalece a solidariedade a través da colaboración con clínicas de fisioterapia
Tres clínicas de fisioterapia de Santiago de Compostela súmanse á recadación de fondos para a mellora da calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple.
Nun esforzo continuo por aumentar a conciencia sobre a Esclerose Múltiple e recadar fondos para apoiar ás persoas que conviven con esta enfermidade, dende FEGADEM estableceuse unha colaboración con tres clínicas de Fisioterapia da cidade de Santiago de Compostela. O traballo dos profesionais da Fisioterapia é invaluable, posto que se trata dun dos pilares fundamentais na rehabilitación e no mantemento da función física, prevención de complicacións e mellora na calidade de vida das persoas que sofren esta enfermidade.
O pasado luns 29, as técnicas da Federación visitaron ditas clínicas para a colocación de huchas solidarias. Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar á comunidade sobre a Esclerose Múltiple e reunir fondos, que serán destinados a programas e servizos para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta enfermidade. As clínicas de Fisioterapia que participan nesta causa son Centro de Fisioterapia Dao, Fisioterapia Cinesia e Clínica Balance. Estas institucións demostran así o seu compromiso coa comunidade ao brindar o seu apoio a FEGADEM e contribuír ao benestar daqueles/as que enfrontan desafíos debido á “enfermidade das mil caras”.
Dende FEGADEM invitamos á comunidade a unirse a esta causa solidaria deixando os seus donativos nas huchas ubicadas nas clínicas mencionadas. Cada contribución marcará a diferencia na vida das persoas afectadas, proporcionando os recursos e apoio necesario.
