Máis dun millar de persoas con Esclerose Múltiple beneficiáronse no 2023 da “X Solidaria” en Galicia
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) puxo en marcha tres programas grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF.
Aproximadamente máis de mil individuos foron beneficiarios directos e indirectos da iniciativa “X Solidaria” no transcurso do ano 2023 na comunidade galega. Estes beneficios materializáronse a través de programas implementados pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), cofinanciada pola Xunta de Galicia mediante os fondos do 0,7% do IRPF. Esta colaboración otorgou á entidade unha subvención de 56.001,07€ para a execución de tres proxectos.
Dita subvención posibilitou que, no ano 2023, FEGADEM puxera en marcha o “Programa de información, asesoramento e orientación para mellorar a calidade de vida das persoas con EM”, co que impulsa distintos proxectos dirixidos a abordar tanto a patoloxía como as necesidades específicas do colectivo. Mediante este programa, a Federación buscou proporcionar información e asesoramento ás persoas afectadas, aos seus familiares e coidadores, abordando aspectos que contribúan a mellorar a percepción e o manexo da enfermidade. Ademais, buscouse a profesionalización da Federación mediante a coordinación dun profesional encargado de articular os recursos necesarios para fortalecer a labor da entidade en beneficio do colectivo e das asociacións federadas.
Por outro lado, os fondos do 0,7% do IRPF permitiron a FEGADEM levar a cabo o programa de comunicación “SéguEMe, Emociónate, compréndEMe, cando che digo que loitamos por ti”. Este programa tivo como obxectivo principal sensibilizar e visibilizar na poboación en xeras as necesidades e a realidade das persoas afectadas pola EM, así como difundir información veraz e práctica sobre a patoloxía. Ademais, buscou fomentar o asociacionismo e destacar a súa importancia.
No ano 2023, FEGADEM tamén implementou o Programa de renovación e ampliación do equipamento informático, invertendo en material tecnolóxico que inclúe: 2 ordenadores portátiles, un teléfono móbil e unha impresora. Estes recursos tecnolóxicos facilitaron as actividades diarias e de comunicación por parte do persoal técnico.
A realización destes tres programas foi posible grazas á cofinanciación da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas a programas de interese xeral para fins sociais, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
