A Sociedade Galega de Neuroloxía organiza un Simposium para pacientes de Esclerose Múltiple
O evento terá lugar o 22 de abril no hotel NH Collection de Vigo a partir das 11:30 horas.
A Sociedade Galega de Neuroloxía organiza, dentro das actividades programadas para a súa XXXV Reunión Anual, un simposium para persoas con Esclerose Múltiple que terá lugar o próximo 22 de abril ás 11:30 horas no hotel NH Collection de Vigo (c/García Barbón, 17-19).
O evento, dirixido a persoas con EM, contará coa presenza de profesionais do ámbito da Neuroloxía para abordar temas como a comunicación co paciente con EM e a familia, aspectos prácticos no tratamento da enfermidade ou a utilización de apps para o seguimento da EM.
Para poder acceder á xornada é imprescindible realizar a inscrición previa a través da seguinte ligazón.
