Concurso de Relatos polo Día Nacional da Esclerose Múltiple
O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA), en colaboración coa Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), convocan un concurso de relatos curtos para conmemorar o día nacional da Esclerose Múltiple (EM), que se celebra o 18 de Decembro.
O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA), en colaboración coa Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), convocan un concurso de relatos curtos para conmemorar o día nacional da Esclerose Múltiple (EM), que se celebra o 18 de Decembro.
- Os relatos versarán sobre a logopedia e a EM e terán unha extensión máxima de 15 liñas.
- Poderán participar no concurso pacientes e familiares de pacientes con EM. Non hai idade mínima nin máxima.
- O prazo límite para a recepción dos relatos será o día 11 de Decembro.
- Os relatos serán remitidos por correo electrónico a comunicacion@cplga.es co asunto “Concurso relatos CPLGA-FEGADEM”. Indicarase ademáis:
- Nome completo
- DNI
- Correo electrónico
- Número de contacto
- Os autores deben remitir asinado un documento relativo á protección de datos de carácter persoal que se lles achegará cando remitan o relato.
- Os relatos serán compartidos nas redes sociais do CPLGA (e compartidos por quen estime) a medida que se vaian recibindo os 11 primeiros días do mes.
- Aqueles autores que o desexen poderán empregar un pseudónimo para a difusión do relato en redes. En tal caso deben indicar esta condición no seu correo electrónico (e especificar o pseudónimo ó lado do nome completo).
- O relato que conte o día 18 de Decembro con máis “Me Gusta”, “Me encanta” (oudemáis reaccións de Facebook, agás comentarios) será o/a gañador/a.
- O premio consistirá nunha cea para dúas persoas na cidade ou vila do/a autor/a gañador/a.
