Pacientes e profesionais analizarán a actualidade da Esclerose Múltiple e a vida coa enfermidade
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) organiza as II Xornadas de Esclerose Múltiple o 16 de novembro nas instalacións do restaurante Os Robles.
Desde a Federación Galega de Esclerose Múltiple, organizanse as II Xornadas de Esclerose Múltiple que, terá lugar nos Robles, (Travesía de Montouto, 32, 15894 Teo), o 16 de Novembro, e na cales, perséguese o obxectivo de visibilizar a EM e difundir os dereitos, necesidades e a problemática xeral das persoas afectadas, dos seus familiares e/ou referentes.
Profesionais e pacientes analizarán o panorama actual da Esclerose Múltiple (EM) e a vida coa enfermidade, que afecta a máis de 3.000 persoas en Galicia. O programa será o seguinte:
10.30. BENVIDA
Entrega do material e acreditación
10.45. ACTO INAUGURAL
Rachel Yasmín Feliciano, Secretaria da Federación Galega de Esclerose Múltiple
Ildefonso de la Campa Montenegro, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Jorge Aboal Viñas, Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas
11.00. SITUACIÓN ACTUAL E TENDENCIAS FUTURAS DA EM
Lidia González Urresti, Vogal da Federación Galega de Esclerose Múltiple
Jose María Prieto González, Xefe do Servizo de Neuroloxía, Profesor Asociado de Medicina Hospital Clínico Universitario Santiago de Compostela
Inés González Suárez, Facultativo Especialista en Neuroloxía. Unidade de Esclerose Múltiple. Hospital Alvaro Cunqueiro.
Elba Cabo Ramos, avogada, Despacho de avogados Cabo & Mosquera, Lugo
12.15. DESCANSO
12.45. AFRONTAR SEN RENUNCIAR
María Teresa González Salvadores, Vicepresidenta da Federación Galega de Esclerose Múltiple
Jesús Santiago Ruibal, Enfermero en el Hospital de Verín, Profesor en la E.U.Enfermería de Chaves, Blogger de EM
Conxita Taruella, Presidenta Asociación EM de Lleida y Expresidenta de Esclerosis Múltiple España
María Elena Vázquez Abal, Profesora Titular de Xeometría e Topoloxía, Departamento de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela
14.00. PAUSA PARA COMER
16.00. MUSICOTERAPIA
AGAMUS. Asociación Galega de Musicoterapia®©Casa Baubo
18.30. XUNTOS SEREMOS MÁIS FORTES
Tempo para compartir inquietudes e experiencias entre as persoas asistentes.
19.15. PECHE DAS XORNADAS
Rachel Yasmín Feliciano, Secretaria da Federación Galega de Esclerose Múltiple.
As inscricións para o foro, de carácter gratuíto, están xa abertas a través da web da entidade ata completar aforo. Ademais, ofrécese a opción a comida por tan só 15 €.
Tras a celebración, de edicións anteriores, FEGADEM aposta por unha nova edición do evento, nas que se farán un repaso ao panorama actual que rodea á EM e as perspectivas de futuro e, na que se, dará voz ás persoas que conviven a diario coa Esclerose Múltiple e outras enfermidades crónicas, que compartirán a súa experiencia como pacientes e explicarán as necesidades reais das persoas que conviven cunha enfermidade crónica. Ademais, trataranse temas como o acceso á información, o papel que xogan as Redes Sociais ou o apoio emocional entre iguais.
Doutra banda, destacar, que este ano se realizará unha actividade de musicoterapia atopando na música unha forma de mellorar a súa calidade de vida e o seu benestar xeral.
Para finalizar, deixarase un momento para que os propios asistentes aproveiten o tempo como un encontro para compartir experiencia e inquietudes sobre a Esclerose Múltiple.
¡Esperamos verche o día 16 no restaurante Os Robles!
Inscríbete aquí ou acode ás nosas entidades socias.
