FEGADEM acude á Reunión do Consello Asesor de Pacientes
Foi convocado pola Xerencia do Servizo Galego de Saúde e celebrouse no Salón de Actos da Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela.
Orde do día
-Grupo de traballo de Atención Primaria.
Novo modelo de Atención Primaria:
· Reunión por categorías profesionais: medicina, enfemaría, farmacia, traballo social, fisioterapia, PSX.
· Áreas de traballo: novos roles, coordinación interniveis, atención á demanda, formación, docencia e investigación, relación cos pacientes e a comunidade, priorización do plan de necesidades.
· Primeiro abordar o QUÉ facer e despois abordar o CÓMO facelo.
· Dispoñible unha enquisa cidadá para o desenvolvemento do Novo Modelo de Atención primaria.
-Constitución dos Consellos Asesores de Pacientes de Área.
–Plan de Humanización do Servizo Galego de Saúde.
Xustificación
· A introducción paulatina da alta tecnoloxía na práctica médica, a alta especialización e o incremento de procedementos e actividades, ten provocado nas últimas décadas una despersonalización da atención sanitaria.
· Éste fenómeno non é o único da sanidade, senón que se constata a múltiples niveis na sociedade moderna actual.
· Tal coma no seu momento foi necesaria a evolución da medicina centrada nas enfermedades á medicina centrada nos pacientes, a madurez da nosa sociedades e os nosos cidadáns reclaman un novo salto cara a medicina centrada nas persoas.
· Eixos estratéxicos: relación entre as persoas, procesos de atención integrais e centrados nas persoas, espazos e servizos de apoio para as persoas e integración coa sociedade.
· Necesidade de coñecer de primeira man a situación real de atención.
· Coñecer o valor requerido polos pacientes para a atención dos pacientes.
· Coñecer os círculos asistenciais actuais.
· Coñecer o fluxo de información o longo do proceso.
· Propoñer líneas de actuación e o diseño dun proceso mellorado contando con tódolos implicados.
-Nova instrucción sobre a tarxeta sanitaria AA.
“O obxetivo da presente instrucción é favorecer a accesibilidade a determinados servizos sanitarios dos/das pacientes diagnosticados/as daquelas patoloxías que o Servizo Galego de Saúde sinales, así como dos/das seus/súas coidadores/as.
Trátase de minimizar, no posible, as esperas nas consultas dos centros de saúde, consultas externas, servizos de urxencia e hospitalización, e permitir aos/ás acompañantes ou coidadores/as o acompañamento permanente durante a asistencia sanitaria, excepto se houbese alguna circunstancia clínica grave que o impedise.
Para conseguilo, proporcionarase a estes/as pacientes unha tarxeta sanitaria ou documento de prestación da asistencia sanitaria cun distintivo específico “AA”(distintivo de acompañamento e accesibilidade) e un procedemento específico que é necesario comunicar aos centros sanitarios e ás unidades xestoras con responsabilidades neste proceso de atención.”
-Novas aplicación da plataforma É-Saúde (descarga de imaxe).
Descarga de probas de imaxes de diagnose.
“Neste apartado atopará os informes da súa historia clínica dixital no Servizo Galego de Salud (IANUS) en formato PDF: informes de alta, informes médicos, informes de enfemería, informes de probas, etc. Pode localizar os informes organizándoos polo centro, pola data, ou polo servizo.
De forma periódica, pode acceder o apartado das súas probas de diagnose de imaxe, que lle permite descargar nun formato estándar a información de imaxe médica que pode ser revisada por un facultativo. Estas imaxes tamén poderán visualizadas por vostede mesmo aínda hai que ter en conta que están orientadas a ser examinadas por un profesional sanitario capacitado.”
-Rogos e preguntas.
