A Federación Galega de Esclerose Múltiple reúnese con ASEM Galicia
A Federación Galega de Esclerose Múltiple reúnese coa Traballadora Social Mónica Ureña ASEM Galicia, a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, para unha futura coordinación en diferentes actividades.
ASEM Galicia é a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha entidade sen ánimo de lucro que é parte dunha ampla rede de asociacións de enfermidades neuromusculares por todo o territorio español.
A súa misión é contribuír a difundir, sensibilizar e facilitar información sobre a realidade e as necesidades específicas de quen padece este tipo de enfermidades entre os organismos da administración pública, os profesionais sociosanitarios, estudantes e a poboación xeral, contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e atender as súas necesidades e as das súas familias.
Ambas as entidades únense co obxectivo de cumprir as liñas estratéxicas, aprobadas pola xunta directiva de FEGADEM.
